Navegación, acceso e seguridade

Seguridade dos datos

En BBVA somos conscientes da necesidade de garantir o tránsito de información entre o Banco e os seus clientes. Por este motivo, BBVA conta coas máximas medidas de seguridade para garantir a confidencialitat das comunicacións entre o Banco e o cliente. Os servizos transaccionais funcionan sobre un servidor seguro utilizando o protocolo SSL (Secure Socket Layer), que se activa sempre ao entrar ao servizo. O servidor seguro establece unha conexión de modo que a información se transmite cifrada mediante algoritmos de 128 bits, que aseguran que só sexa intelixible para o ordenador do cliente e o servidor do banco; desta forma, ao utilizar o protocolo SSL garántese:

  • Que o cliente está comunicando os seus datos ao centro servidor de BBVA e non a calquera outro que intentase facerse pasar por este.  
  • Que entre o cliente e o centro servidor de BBVA os datos viaxan cifrados, evitando a súa posible lectura ou manipulación por terceiros.

Sempre debe comprobar que está introducindo os seus datos nunha páxina segura. Non esqueza seguir as seguintes normas de seguridade sempre que lle sexan solicitados os seus datos persoais por Internet:

1. Verifique que a conexión se está realizando a través dun servidor seguro comprobando algún dos seguintes aspectos:

  • Mediante a dirección (URL) del servidor, xa que nun servidor seguro comeza por https: cando normalmente o fai por http.
  • Mediante unha indicación do seu programa navegador consistente en que nunha das esquinas inferiores da pantalla aparece unha chave enteira (en vez de rota como en calquera servidor non seguro) ou un cadeado pechado (en vez de aberto como en calquera servidor non seguro).

2. Comprobe os certificados de seguridade da páxina en que se atopa:

Para iso, prema na icona do cadeado que aparece ao acceder a unha zona segura, na parte inferior dereita do seu navegador, e verifique que a data de caducidade e o dominio do certificado están vixentes. Na información de detalle aparece o emisor, o período de validez e para quen se emitiu o certificado.

Para que estas medidas sexan efectivas, é necesario manter o navegador e o sistema operativo dos dispositivos sempre actualizados.

E lembre que BBVA nunca lle enviará por correo electrónico solicitude de que informe os seus datos persoais. En caso de recibir unha mensaxe neste sentido, por favor, no facilite dato algún e contacte inmediatamente co teléfono de BBVA 900 102 801.